Friday 17 de May de 2024

O Concello de Camariñas comezará hoxe o reparto das máscaras infantís artesanais


Irán acompañadas dun diploma dirixido aos nenos e nenas e firmado pola alcaldesa, Sandra Insua.

O luns, 26 de abril, os nenos e nenas de toda España xa poderán
comezar a saír ás rúas seguindo as instrucións marcadas polo
Goberno. Por iso, o Concello de Camariñas comezará hoxe, venres 24
de abril, o reparto das máscaras infantís artesanais fabricadas a
través das máis de 50 voluntarias coordinadas polo departamento da
Mostra do Encaixe.
Estas máscaras están dirixidas a nenos e nenas do municipio de entre
2 e 14 anos e están feitas con Tejido No Tejido (TNT) de triple capa,
aumentando así a protección con respecto as xa fabricadas para os
adultos, que eran de doble capa. Hai modelos de distintas tallas para
poder adaptarse aos rangos de idade anteriormente indicados. A tela
é de cores para que esteticamente sexan máis vistosas.
Os voluntarios de Protección Civil serán os encargados de levar a
cabo o reparto casa por casa. No momento da entrega os nenos e
nenas de Camariñas recibirán un diploma firmado pola alcaldesa,
Sandra Insua, ‘por comportarse como un auténtico campión e
campioa na cuarentena pola COVID-19’.
Sandra Insua explicou que “levaremos a cabo o reparto durante toda
a fin de semana, que a xente estea tranquila porque temos máscaras
suficientes para todos os nenos” e tamén destacou que “actuamos
con previsión pensando no momento no que se levantara o
confinamento dos pequenos e grazas a iso agora poderemos
facilitarlles máscaras para usar na rúa desde o primeiro día”.
A maior festa infantil da historia de Camariñas

Gabinete de prensa: 618 081 497

Ademais, a alcaldesa quixo recordarlles hoxe aos nenos que “xa non
queda nada para volver a estar cos vosos amigos e amigas e, en
canto a situación o permita, lembrade que celebraremos todos xuntos
a maior festa infantil da historia de Camariñas como regalo polo ben
que o estades a facer, cumprindo todas as normas”.